A DAMA DE TROIA (***ESTREA***) Esta nova telenovela colombiana relata a historia de Patricia Cruz, unha muller que xa non lle teme a nada, convertida agora nunha vaqueira recia, capaz de someter a un xato por si soa e de montar un cabalo con extraordinaria habilidade. Pero o seu pasado é todo un drama. Logo de varios anos de permanecer agochada nun rancho, volve á vila chaira de Porto Dourado, onde percorre as rúas ateigadas de xente para levar a cabo a súa vinganza sobre un home...